Saltar ao contido

Nikolai Sokolov

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaNikolai Sokolov

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ru) Николай Алексеевич Соколов Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento22 de maioxul./ 3 de xuño de 1882greg.[1]
Mokshan, Rusia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte23 de novembro de 1924 Editar o valor en Wikidata (42 anos)
Salbris (Francia) Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinfarto agudo de miocardio Editar o valor en Wikidata
EducaciónQ106947200 Traducir Editar o valor en Wikidata
Q89547790Investigación do asasinato da familia de Nicolao II de Rusia
Actividade
Ocupaciónxurista, xuíz, criminal investigator (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Nacional da Carcóvia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

Nikolai Alekseievich Sokolov, nado en Mokshan, Imperio Ruso, o 21 de maioxul./ 2 de xuño de 1882greg. e finado en Salbris, Francia, o 23 de novembro de 1924, foi un maxistrado ruso. Durante a guerra civil rusa levou a cabo importantes investigacións para o Directorio de Omsk, en nome do Gobernante Supremo, o almirante Aleksandr Kolchak.[1] Entre as súas investigacións destacan os asasinatos da familia imperial rusa e dos mártires de Alapaevsk.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Sokolov naceu no seo dunha familia de mercadores de Mokshan, preto de Penza,[1] onde o seu pai era fabricante de cordas. Despois de marchar a estudar Dereito[1] en Khárkiv, converteuse en xuíz de instrución para os asuntos extraordinarios.

Trala revolución de Outubro, rexeitou servir ao novo réxime, e marchou á cidade de Omsk, en Siberia, onde entrou en contacto con outros monárquicos.[1]

O 5 de febreiro de 1919, o almirante Aleksandr Kolchak, comandante supremo do Exército Branco, confioulle a Sokolov a investigación da morte do tsar Nicolao II e a súa familia en Ekaterimburgo.[1] Sokolov recolleu numerosos testemuños, identificou aos responsables do masacre e localizou o lugar ao que foron transportados os corpos e soterrados provisionalmente.[1] Durante o transcurso da investigación coñeceu a que sería a súa muller.

No verán de 1919, debido ao avance do Exército Vermello que ameazaba con recuperar Ekaterimburgo, Sokolov tivo que poñer fin a súa investigación e levar os seus arquivos ata o seu refuxio en Omsk. Grazas á axuda e a protección do xeral francés Janin, conseguiu unirse a un grupo de refuxiados do exército branco no ferrocarril transiberiano e fuxir ata Pequín. Finalmente conseguiu chegar ata Francia onde se instalou en Sologne, en Salbris, no Loir-et-Cher, onde o príncipe Orlov, que foi o seu protector, posuía un castelo.

Sokolov morreu aos 42 anos por mor dun infarto.[1] Deixou unha viúva de 23 anos e dous fillos pequenos, Nathalie (1920-2002) e Aleksei (1920-2002).

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 "Nikolai Sokolov: The man who revealed the story of the Romanov killings". rbth.com (en inglés). 18 de abril de 2015. Consultado o 3 de xuño de 2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]